CRTVG

Buscar

A DXT volverá enviar unha carta tres meses antes de que caduque o carné de conducir

Publicado o 30/01/2019 22:19

Enviará esa misiva tres meses antes de que caduque o carné de conducir. Faino porque constatan que, desde que se suprimiu esta práctica, aumentou entre un 10 e un 15 % o número de persoas que conducen con carné caducado. As cartas empezarán a enviarse a partir de febreiro.

Cada ano renóvanse en España 2,5 millóns de carné de conducir. Lembren que conducir co carné caducado pode supor unha multa de ata 200 euros.

Noticias web

30/01/2019