CRTVG

Buscar

A DXT vai substituír os triángulos de presinalización de avaría por sinais luminosos

Publicado o 16/03/2019 18:04

Os triángulos para sinalizar accidentes van ser parte do pasado. A DXT ten previsto cambialos por sinais luminosos. A Dirección Xeral de Tráfico vai substituír os triángulos de presinalización de avaría ou accidente por sinais luminosos. O cambio será efectivo en 2025 e, segundo fontes da DXT, haberá un período de 5 anos para a desaparición progresiva do triángulo.
O principal motivo desta medida é o perigo que implica para as persoas ter que baixar do vehículo para colocar o triángulo.

Segundo datos achegados pola DXT, o ano pasado morreron máis de de 20 persoas en autoestradas e autovías como consecuencia deste tipo de atropelos, sete faleceron en Galicia. O proxecto normativo reformaría os artigos relativos ao comportamento do usuario en caso de avaría ou de requirimento de auxilio tras un accidente. O dispositivo luminoso colocaríase na parte superior do vehículo por ser a máis visible. Sería como unha sirena imantada, con alimentación autónoma.

Noticias web

16/03/2019