CRTVG

Buscar

A DXT pon en marcha un operativo especial para controlar as furgonetas

Publicado o 22/03/2019 20:37

Estamos nun control que a Garda Civil montou na Gudiña, xusto na saída de Galicia para Castela León. Un lugar moi transitado por camións e furgonetas. Un tipo de vehículos cunha alta incidencia en sinistros viarios que poden deberse ao exceso de carga, á mala colocación ou ao cansazo dos condutores. Por iso os axentes vixían que os condutores non superen os quilómetros ao volante e que non conduzan baixo os efectos dalgunha substancia prohibida.

Tamén controlan o tipo de mercadoría, que o que leven teña autorización e que o transporte sexa o axeitado. Esta furgoneta, por exemplo, non serve para o transporte de alimentos perecedoiros.

Noticias web

22/03/2019