CRTVG

Buscar

A DXT inicia unha campaña de control de alcol e drogas

Publicado o 09/12/2019 14:36

A Dirección Xeral de Tráfico comeza hoxe unha campaña especial de control de alcol e drogas con motivo das festas de Nadal. Precisamente, o alcol estivo moi presente no último accidente mortal acontecido nas estradas galegas. 0,54 foi a taxa que deu o condutor do coche sinistrado na madrugada do sábado ao domingo no concello do Pino.

A vítima, unha moza de 20 anos que ía no asento traseiro, vai ser soterrada hoxe no cemiterio de Fao, en Touro.

Noticias web

09/12/2019