CRTVG

Buscar

A DXT dá as grazas na súa felicitación de Nadal porque neste 2019 houbo menos vítimas

Publicado o 18/12/2019 15:27

Este ano a campaña de Nadal da Dirección Xeral de Tráfico é unha campaña de agradecemento. Tráfico dálles as grazas aos condutores porque neste 2019 houbo menos vítimas mortais nas estradas.

Bombeiros, sanitarios, xornalistas, ciclistas, condutores e asociacións de vítimas participan neste vídeo de agradecemento.

Segundo o director xeral de Tráfico, estamos no bo camiño, e por iso quere dar as grazas nunhas datas en que o importante é gozar coa familia. A operación de Nadal comeza este venres.

Noticias web

18/12/2019