CRTVG

Buscar

A DXT advirte do calote do radar

Publicado o 13/12/2019 15:04

O correo conta coa imaxe corporativa da DXT e inclúe o logotipo do Ministerio do Interior. No texto pódese ler a falsa acta da denuncia indicando o punto exacto da inexistente infracción captada por un radar, e convida a picar unha ligazón para ver a foto e descargar a denuncia.

"Un, non abrir ningún correo do que non saibamos a orixe. Dous, en caso de abrilon nunca acceder a ningunha ligazón que estea nese correo, porque é precisamente nesa ligazón onde está o problema, onde está o acceso a un 'malware' para danar o teu ordenador ou para recadar os teus datos", di Alberto Gómez, responsable do Equipo de Estafas Telemáticas da Comandancia da Coruña.

Os ciberdelincuentes usan esta técnica denominada phishing para que piquemos a ligazón e descarguemos no dispositivo un pequeno programa malicioso co que poden ter acceso a todos os nosos contrasinais e datos persoais.

"Nun 90 por cento, ningunha Administración pública vai enviar unha notificación para recadar cartos a través do correo electrónico", afirma Alberto González.

A Dirección Xeral de Tráfico nunca notifica unha sanción por correo electrónico, senón enviando unha carta certificada. En caso de dúbida, debemos consultar coa entidade que envía esa comunicación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/12/2019