CRTVG

Buscar

A dirección de PSA Vigo propón aumentar a contratación un 20%

Publicado o 15/01/2020 13:39

A dirección do grupo PSA en Vigo propón aumentar a contratación un 20% nos próximos catro anos. A proposta fíxoa na última reunión cos sincatos no marco da negociación do novo convenio colectivo, que estará vixente ata 2024.

En concreto, a dirección propón 200 contratos indefinidos e que otros 250 traballadores pasen de xornada reducida a xornada completa.

Queren tamén rebaixar de 24 a 18 meses o período de formación e incluír o criterio de xénero nas promocións profesionais. A fábrica emprega nestes momentos 6.500 persoas, o nivel máis alto dos últimos seis anos.

Noticias web

15/01/2020