CRTVG

Buscar

Sol Sánchez substitúe a Íñigo Errejón e Podemos descarta negociar con el

Publicado o 22/01/2019 21:59

Sol Sánchez, de Esquerda Unida, toma posesión do escano que deixou libre Errejón tras a crise aberta en Podemos por concorrer ás eleccións autonómicas con outra marca. A súa substituta no Congreso e o coordinador do seu partido din que seguirán traballando por unha candidatura única de esquerda á Comunidade de Madrid ainda que recoñecen que a manobra de Errejón o fai dificil.

"Non descartamos falar con ninguén pero desde logo buscando a máxima unidade, non dividir", dixo Sol Sánchez

"Nós non tiramos a toalla, pero o que pasa é que desde logo agora é máis dificil", afirmaba Alberto Garzón.

Os que si se pechan a negociar son os seus compañeiros de Podemos.
"Creo que simplemente desexarlle a máxima sorte no seu novo proxecto, no seu novo partido e desexarlle a mellor das sortes", reiteraba Irene Montero no Congreso.

E a dirección socialista matiza a súa oferta a Errejón.
"Sobre a posibilidade de que Íñigo Errejón veña ao PSOE dixen que esta é a gran casa da esquerda e que aquí veu moita xente ao longo dos anos que militaba noutras forzas políticas. Pero, vaia, Íñigo Errejón o que teño claro é que está formando agora mesmo outro partido e que ademais é o noso adversario electoral nas eleccións de maio", apuntaba Adriana Lastra.

A candidatura Más Madrid de Errejon e Carmena si está falando con Actúa. Desvelouno Gaspar Llamazares quen abandonou o seu escano por Esquerda Unida en Asturias polas súas relacións con Actúa, a plataforma do ex-xuíz Baltasar Garzón.
 
 

Noticias web

22/01/2019