CRTVG

Buscar

A Deputación Permanente rexeita a comparecencia de Iglesias no Congreso

Publicado o 25/08/2020 14:59

O Congreso reactivouse coas peticións de comparecencia de nove membros do Goberno, entre elas, a do vicepresidente Iglesias para explicar o financiamento de Podemos, despois de que o xuíz citara como imputados o partido e tres dirixentes. Solicitaron a comparecencia e unha Comisión de Investigación o Partido Popular e Ciudadanos. 

Pero Iglesias non comparecerá finalmente. O PSOE ratificou o voto en contra, acusando a oposición de xogo sucio.

En cambio, si houbo consenso para que comparezan o ministro de Sanidade, para informar da xestión dos gromos, a titular de Educación, para dar detalles do inicio do curso, e a de Facenda, para explicar que farán co superávit dos concellos.

 

Noticias web

25/08/2020

Máis sobre actualidade