CRTVG

Buscar

A Deputación Permanente reúnese sete días antes de constituírse o Parlamento

Publicado o 31/07/2020 16:54

Esta mañá vimos unha imaxe inusual no Parlamento. Poucos días antes de que se constitúa a nova Cámara, os deputados saíntes reuníronse na Deputación Permanente. É o órgano que permanece activo en período electoral.

Os grupos da oposición pediron un pleno extraordinario coas comparecencias do presidente da Xunta e da conselleira de Educación para falar do coronavirus.

O grupo popular rexeitou esta petición. Lembrou que o novo Parlamento se constituirá xa a próxima semana e que, ademais, a Xunta ofrece información clara e completa todos os días.

Noticias web

31/07/2020