CRTVG

Buscar

A dependencia e a discriminación, materias pendentes no rural

Publicado o 15/10/2020 11:00

Hoxe é o Día Internacional das Mulleres Rurais. O Goberno acaba de aprobar a equiparación de salarios, unha norma que entrará en vigor en 6 meses dende a súa publicación. Falará sobre isto Rosa Castro, da Asocación de Mulleres Rurais Albor, que visita o Bos días.

Rosa Castro di que "a muller sempre estivo relegada a dicir que era unha axuda, non era considerada unha traballadora. Pero agora a muller está apoderada, as asociacións de mulleres axudan a revalorizalas e no agro e no gando por fin se consideran traballadoras, igual ca os homes. Na nosa asociación fixemos moitos cursos e charlas dedicadas a elas: técnicas de busca de emprego, cursos de informática... para axudalas a incorporarse ao mundo laboral".

 

 

 

Noticias web

15/10/2020