CRTVG

Buscar

A demanda de empréstito dos fogares e das empresas cae por primeira vez en seis anos

Publicado o 22/10/2019 16:03

É a primeira caída do empréstito desde mediados de 2013. Daquela, o país atravesaba unha segunda recesión, e o produto interior bruto caía máis dun punto.

Seis anos despois, no terceiro trimestre deste ano, a demanda de empréstito volveu caer de forma conxunta en todos os sectores. Cae a demanda de empréstido de fogares e de empresas. O informe do Banco de España apunta á perda de confianza dos consumidores na economía española, e tamén os cambios regulatorios.

Un factor máis sería o empeoramento das perspectivas no mercado da vivenda. As entidades consultadas polo supervisor auguran de aquí a final de ano novos descensos da demanda de empréstito por parte das empresas, un estancamento do crédito de consumo e unha mellora das perspectivas para a adquisición de vivenda.



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019