CRTVG

Buscar

A decisión sobre o crime de Ponte Caldelas xa está en mans do xurado

Publicado o 17/10/2019 14:31

Os gardas civís que participaron no proceso de obtención do ADN das mostras declararon por videoconferencia igual que os que realizaron a recollida e envorcado de información dos tres teléfonos móbiles. Eles foron os derradeiros en declarar no xuízo polo crime de Ponte Caldelas.

Antes das conclusións finais, aos membros do xurado popular amosáronlle as facturas de teléfono da viúva e do falecido. Emitiron tamén as chamadas que lle fixeron ao 112 o acusado e a viúva. Marcos Vidal relatou que acoitelara unha persoa e que mandaran unha ambulancia ao domicilio. A garda civil permaneceu falando con el por teléfono durante un tempo. O seu avogado, nas conclusión finais, vai retirar unha atenuante.

Tras os informes, o xurado popular retirarase para deliberar. A Fiscalía solicita 20 anos de prisión e 8 de prohibición a achegarse á viúva, mentes que a acusación particular eleva a petición a 25 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/10/2019