CRTVG

Buscar

A decisión do Goberno británico colle por sorpresa os pasaxeiros que regresan

Publicado o 26/07/2020 21:48

A repentina decisión do Goberno británico colleu moitos pasaxeiros case na porta de embarque.

Neste aeroporto de Málaga, os pasaxeiros que regresan a Inglaterra comparten sorpresa e resignación.

"É unha sorpresa, foi moi repentino, si que é unha sorpresa, pero que podemos facer", comenta este turista.

O traballo e a organización laboral son as principais preocupacións dos primeiros pasaxeiros afectados por esta corentena de 14 días.

A medida preocupa especialmente en destinos como Benidorm, onde o turismo británico é o seu principal mercado. Moitos hoteis tiñan previsto abrir nos próximos días, e os que xa o fixeron pensan de novo en pechar.

A corentena, de momento, non afecta os voos procedentes de Xibraltar, que podería converterse nunha porta para evitar a restrición.

Noticias web

26/07/2020