CRTVG

Buscar

A de Ourense, con máis de 2.100 casos activos, a área sanitaria con maior incidencia

Publicado o 20/01/2021 20:44

A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras chega hoxe aos 2.107, son catro veces máis ca o 1 de xaneiro

Preocupa a situación da cidade de Ourense, que non deixa de superar cifras récord, e a de Verín e Barbadás, pero sobre todo a do concello de Xinzo e doutros da comarca da Limia que dispararon a incidencia na provincia ata os case 700 positivos por 100.000 habitantes.

E co aumento de contaxios, os hospitalizados pasan do cento, dez na UCI.

Ante esta situación, a área sanitaria de Ourense incrementa os cribados, mañá están convocadas 2.000 persoas en Barbadás, o venres en Ribadavia e a fin de semana farase no concello da capital o maior cribado feito na provincia, con 8.000 persoas.

Noticias web

20/01/2021