A data da investidura segue no aire
Os socialistas querían unha investidura antes de fin de ano, pero esa posibilidade caeu. Manexan agora outra data, sobre Reis, pero polo momento todo segue no aire. A chave tena Esquerra Republicana, pero os cataláns non teñen présa. Din que non se absterán mentres non analicen o escrito da Avogacía do Estado sobre a inmunidade de Junqueras, e o prazo para presentalo remata o dous de xaneiro. O Goberno defende a súa autonomía.
Dende o PP cren que Sánchez e Esquerra están meténdolle á Avogacía para concederlle beneficios penitenciarios a Junqueras.
Neste compás de espera, Pablo Iglesias, ata agora nun segundo plano, decidiu tomar un papel protagonista para tratar de achandar o camiño á investidura. O líder de Podemos mantivo esta semana unha primeira reunión co dirixente de Esquerra Sergi Sabrià.