CRTVG

Buscar

A covid obriga a facer quendas de vendedoras nas prazas de abastos

Publicado o 11/09/2020 20:06

As medidas anticovid estanlles provocando importantes perdas ás vendedoras da prazas de abastos. En Santiago, só poden traballar un terzo das que tiñan os postos ao aire libre. Antes eran 22 e agora só poden estar 7.

María Luisa López:"Temos que tirar moita mercadoría que non podemos vender. Creo que de pedra a pedra, unha señora nunha pedra e outra noutra, habería suficiente distancia para poder vender máis".

Agora para vender os seus produtos teñen que facer quendas. Pilar Gestoso, Vendedora do mercado de abastos de Santiago: "Aquí os días que valen son os xoves e os sábados. Quen quere vir os venres que non vén tanta xente. Pero bueno. Tócache e facemos quendas e tocou".

A actividade turística impulsou as vendas na praza durante o mes de agosto. Agora estas medidas son un novo revés para as vendedoras.

Marta Rey, Xerente do mercado de abastos.: "Esperamos que isto sexa curto, ao mellor nin sequera acabamos de poñer as quendas todas, pero iso depende da evolución do coronavirus en Santiago".

Na praza continúa a actividade diaria coa esperanza de que a crise sanitaria remate canto antes.
 

Noticias web

11/09/2020