CRTVG

Buscar

A covid-19 en Ourense: 1.084 casos na provincia e 501 contaxiados na cidade

Publicado o 06/10/2020 14:32

Arredor dun cento de contaxios novos detéctanse a diario na área sanitaria de Ourense, que é toda a provincia. Con 1.084 casos activos, 47máis ca onte, é a área sanitaria con máis infectados desde hai catro días. E a Covid repunta tamén na cidade de Ourense. Hoxe hai 501 contaxiados, 26 máis ca onte, segue acumulando case a metade dos casos positivos de toda a provincia. 

José Luis Fernández, presidente do Colexio de Médicos de Ourense: "Estamos medrando en número, pero aínda a repercusión hospitalaria non se incrementou nas últimas horas. É probable que o faga nos póximos días porque así é a epidemia. A situación é complicada, os profesionais están moi cansados, pero mantendo o tipo".

A unidade de críticos do CHUO está ao 85% da capacidade, segundo os profesionais. Os sanitarios lembran que a maior parte dos contaxios se producen en xuntanzas familiares e sociais, e piden que actuemos en consecuencia. 

José Luis Fernández considera que "hai que aguantar 7 ou 10 días, seguramente, e logo podemos ter unha certa normalización das nosas relacións. Pero agora nada de reunións de familia, nada de aniversarios, nin de festas. E logo, procurar airear moito e ventilar as habitacións".

O luns morreron na área de Ourense dous homes e unha muller contaxiados de coronavirus.

 

Noticias web

06/10/2020