CRTVG

Buscar

A covid-19 golpea os autónomos e o turismo

Publicado o 30/07/2020 16:58

A pandemia mantén en xaque o tecido industrial. A ameaza dun novo confinamento mantén en alerta aos autónomos que foron duramente golpeados na primeira vaga no virus, que se levou por diante 60.000 destes traballadores. Preto do70% cren que non poderían superar a situación de novo.

Un dos máis golpeados é o sector turístico, con importantes perdas económicas. A opción máis escollida son os destinos próximos dentro da propia comunidade, nos últimos días as axencias reciben numerosas cancelacións das viaxes ao estranxeiro.

A prudencia e o medo aos contaxios impóñense este verán. Uns escollen destinos próximos e outros prefiren pasar as súas vacacións na casa.

A crise no PIB e a caída da ferta e a demanda mantén en alerta ás empresas. 

Noticias web

30/07/2020