CRTVG

Buscar

A COVID-19 cambia os adestramentos

Publicado o 15/05/2020 16:15

Simón e Juan volven á pista despois de dous meses en que o tenis non cambiou, pero si todo o que o rodea. Veñen con cita, equipados da casa e seguindo todas as recomendacións para un partido libre de COVID.

Malia ter as mans, a raqueta e a pista desinfectadas, teñen especial coidado coas pelotas. Evitan practicar o saque nos adestramentos e nos partidos estrean bólas.

Non tocan as redes nin as portas da pista e manteñen as distancias co rival ata para se despedir. E é que a deportividade non está rifada coa seguridade en tempos de pandemia.

Noticias web

15/05/2020