CRTVG

Buscar

A costeira do Bonito en Burela mantén a facturación doutros anos

Publicado o 16/07/2020 13:09

A Costeira do Bonito consegue manter en Burela os índices normais de facturación a pesar das limitacións que trouxo consigo o brote de Covid-19.

No que vai da presente temporada facturáronse na lonxa de Burela máis de 300.000 quilos de túnido. Unhas cifras similares ás do ano pasado.

As vendas supuxeron un volume de negocio que se achega ao millón e medio de euros.

O xerente dos armadores de Burela di que, aínda que a facturación non se ve afectada polo coronavirus, a actual campaña vese afectada polo parón da hostalería e a restauración.

Noticias web

16/07/2020