CRTVG

Buscar

A Coruña rexistra en menos dunha hora dous atropelos en pasos de peóns

Publicado o 14/09/2020 16:32

A mañá arrancou bastante accidentada. O primeiro dos sinistros tiña lugar arredor das nove e cuarto da mañá. Foi nun paso de peóns moi preto da Ronda de Nelle e a vítima tivo que ser trasladado ao servizo de emerxencias.

E tan só unha hora despois volveu rexistrarse outro atropelo. Desta volta foi na zona da praza de Lugo, nun paso de peós pero regulado por semáforo, polo que o equipo de atestados xa ten aberta unha investigación. A vítima, unha muller de idade avanzada, tivo que ser trasladada en ambulancia ao Chuac. A condutora do vehículo tamén tivo que ser atendida ao sufrir un ataque de ansiedade.

Noticias web

14/09/2020