CRTVG

Buscar

A Coruña reactiva a ORA e o control do tráfico mediante cámaras de vixilancia

Publicado o 18/05/2020 14:41

Aumenta o tráfico nas cidades e con el volve o control nas rúas e a regulación de aparcamento na Coruña. O Concello herculino decidiu reactivar a partir de hoxe a ORA e as cámaras de control da dobre fila nas principais rúas da cidade. Ambas foran desactivadas a mediados do pasado mes de marzo, coa declaración do estado de alarma.

As máquinas expendedoras da ORA foron sometidas a un labor de limpeza e desinfección neste período, se ben dende o Concello recomendan o uso das aplicacións telefónicas que permiten o pagamento sen ter que tocar os aparellos. Coa recuperación da ORA volven tamén ao seu labor habitual os traballadores que foran sometidos a un ERTE pola empresa concesionaria.

 

Noticias web

18/05/2020