A Coruña reabrirá as praias tras retirar as carabelas portuguesas
Publicado o 22/02/2021 13:54

O Concello da Coruña ten previsto reabrir mañá martes as praias da cidade despois de comprobar que non volven aparecer exemplares de carabelas portuguesas nos areais.
Este luns apenas quedaba xa presenza destes organismos tóxicos que chegaron ás costas herculinas por mor dos ventos e as correntes dos últimos días.
Os técnicos comprobarán esta tarde, coincidindo coa baixamar, que non hai perigo para os que aproveitan o bo tempo para dar un paseo polas praias.