CRTVG

Buscar

A Coruña planea limitar a velocidade a 30 quilómetros por hora no núcleo urbano

Publicado o 23/01/2020 14:22

A céntrica rúa do Santo André é unha das do núcleo urbano coruñés polas que se circulará a 30 quilómetros por hora. Amais, queren convertela nun bulevar urbano, con árbores e bancos. Os comerciantes aplauden a medida.

As rúas con plataforma única, coma a de Cordonería, poderían acadar os 20 ou os 10 quilómetros por hora. E as vías de dobre carril, como a Ronda de Outeiro ou o paseo marítimo, manteranse a 50 quilómetros por hora.

Todos coinciden en que mellorarán as condicións medioambientais e de seguridade.

Todas estas medidas vanas debater o próximo mércores na primeira xuntanza da nova mesa da mobilidade.

Noticias web

23/01/2020