CRTVG

Buscar

A Coruña limita a 30 km/h a velocidade da maioría das estradas urbanas

Publicado o 20/05/2020 15:32

Este sinal que ata o de agora afectaba uns cantos barrios coruñeses vai ampliar a súa área de influencia, porque a Xunta de Goberno Local acaba de aprobar a declaración da Coruña como Cidade 30. A nova colleu a moitos por sorpresa.

Isto significa que a limitación xeral de velocidade na cidade será de 30 km/h en todas as vías urbanas, aínda que haberá excepcións onde se manteña o límite de 50. Unha medida que non todos comparten.

Nas vías con plataforma única, a limitación será de 10 km/h, excepto naquelas polas que circule o transporte público, que poderá ir a 20 km/h.

As novas limitacións de velocidade entrarán en vigor en cada unha das vías no momento en que se coloquen os novos sinais.

Noticias web

20/05/2020

Máis sobre A Coruña