CRTVG

Buscar

A Coruña, entregada co Deportivo para alcanzar o ascenso

Publicado o 20/06/2019 14:31

As cores do conxunto branco e azul invaden xa o mercado da praza de Lugo. A escasos metros, esta tenda de equipacións non deixa de recibir seareiros.

Juan Agrelo, propietario da tenda: "Veñen mercar camisetas, bufandas... Calquera cousa para ir despois ao partido animar".

Na rúa chéiranse esas ganas de vitoria: "Estamos moi optimistas. É que ter un equipo en primeira beneficia toda a cidade".

E as que tampouco van faltar son as formigoneiras do ascenso, que levan animando o ambiente de partidos clave desde hai case tres décadas. 

Ás nove da noite comezará o partido en Riazor contra o Mallorca co estadio cheo ata a bandeira. Aquí, a afección deixará os pulmóns animando os xogadores para encarrilar a eliminatoria e poder, o vindeiro domingo, dar o salto de categoría.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019