CRTVG

Buscar

A Coruña e Lugo, en alerta vermella por temporal no mar

Publicado o 29/10/2020 09:46
A Coruña e Lugo, en alerta vermella por temporal no mar

As costas da Coruña e Lugo estarán este xoves en alerta vermella por temporal no mar despois de rexistrar o mércores ondas de máis 8 metros de altura. Pola súa banda, o litoral de Pontevedra permanecerá en aviso laranxa. A Vicepresidencia da Xunta e Consellería da Presidencia, Xustiza e Turismo lembrou que o fenómeno adverso costeiro comezou na tarde do mércores.

Para a xornada do xoves, conforme sinalou a Xunta, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) prognostica mar combinada do noroeste con ondas de oito a nove metros.

Deste xeito, aínda que estaba vixente o aviso laranxa en todo o litoral, para o noroeste e oeste da Coruña e Lugo a alerta elévase a vermello. Pola súa banda, mantense en laranxa no suroeste da Coruña e Pontevedra.