CRTVG

Buscar

A Coruña-Cee, a área sanitaria con maior incremento de casos e de contaxios diarios

Publicado o 17/01/2021 14:30

Os hospitais da área coruñesa atenden 173 pacientes con coronavirus. Vinte e oito están graves nas unidades de coidados intensivos. A presión hospitalaria aumenta e tamén aumenta, e a un ritmo preocupante, o número de contaxios. Nas últimas 24 horas as probas PCR detectaron 337 novos positivos.

A cidade da Coruña suma máis de 1.100 pacientes coa infección en curso, 127 máis ca onte. A incidencia acumulada supera os catrocentos casos por cada cen mil habitantes.

Na área metropolitana coruñesa preocupa especialmente Arteixo, que se achega aos catrocentos casos activos. Aquí a incidencia acumulada está por riba dos 1.000 casos por cada cen mil habitantes. A incidencia aínda é mais elevada nalgúns municipios da costa da Morte, como Vimianzo e Laxe, pero as cifras peores rexístraas Camariñas. Na vila do encaixe hai dous mil casos de coronavirus por cada cen mil habitantes.

Noticias web

17/01/2021