CRTVG

Buscar

A continuidade de Torra como deputado depende de Roger Torrent

Publicado o 24/01/2020 14:57

O futuro de Quim Torra está dende hoxe en mans do presidente do Parlamento catalán. Os letrados da Cámara non elaboraron ningún informe novo, polo que Roger Torrent, de Esquerra, terá que decidir se lle retira o escano a Torra, tal e como ordenou o Supremo.

A Xunta Electoral Central deulle 48 horas para que substitúa o presidente da Generalitat. Se Torrent lle permite exercer como deputado, incorrerá en desobediencia. Quim Torra acaba de emitir un comunicado en que denuncia presións insostibles ao presidente da Cámara, e ameaza con emprender accións legais.

Noticias web

24/01/2020