CRTVG

Buscar

A Consellería de Sanidade adxudica 41 oficinas de farmacia novas

Publicado o 17/01/2020 11:23
A Consellería de Sanidade adxudica 41 oficinas de farmacia novas

A Consellería de Sanidade adxudicará mañá sábado corenta e unha novas oficinas de farmacia entre os 604 participantes.

O acto celebrarase a partir das 9 horas no salón de actos do edificio administrativo da Consellería de Sanidade, en San Lázaro, indica o departamento autonómico nun comunicado.

Segundo Sanidade, será a primeira vez en que se convoque todos os participantes admitidos a concorrer nun acto público único, "coas debidas garantías, para a elección de farmacia".

Está previsto que ao comezo do proceso se chame as persoas concursantes para que ocupen os 50 primeiros postos da lista e, se non son adxudicadas, faranse chamamentos sucesivos ao longo do día, que non comezarán antes das 13 horas.

Antes de comezar o proceso de selección sortearase a letra que resulte determinante para a ordenación definitiva en caso de empate.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí