CRTVG

Buscar

A conselleira de Infraestruturas defende en Bruxelas o Corredor Atlántico

Publicado o 07/04/2019 21:31

A conselleira de Infraestruturas tamén falou da preocupación polos fondos europeos aos que poida acceder o Corredor Atlántico ferroviario. A Xunta busca un diálogo directo con Europa e por iso viaxa este luns a Bruxelas. Levaralles as reclamacións do noroeste respecto a este eixe de comunicación.

Asegura a conselleira que están preocupados pola actitude do Ministerio de Fomento neste asunto. A través de distintas entrevistas buscará coñecer de primeira man que documentación obra no poder de Europa e cales son as axudas comunitarias ás que Galicia pode optar.

Noticias web

07/04/2019