CRTVG

Buscar

A confianza do consumidor cae a niveis de 2009 por temor á crise económica

Publicado o 19/10/2020 14:41
A confianza do consumidor cae a niveis de 2009 por temor á crise económica

A pandemia repercute na actividade empresarial e tamén na confianza do consumidor, chave para mover a economía e que, arestora, está en niveis de 2009. Segundo o informe de Kantar Media, sete de cada españois cren que a economía do país estará "peor ou moito peor" nos próximos seis meses. 

Ese pesimismo tradúcese no consumo, especialmente no comercio minorista e no sector do automóbil. Por contra, medra a compra en supermercados, como alternativa ao consumo fóra do fogar, que está tamén moi baixo. O informe reflicte, ademais, que aumenta o temor ao desemprego.

 

Noticias web

19/10/2020