CRTVG

Buscar

A comunidade universitaria ofrécese a reforzar o traballo dos sanitarios

Publicado o 24/03/2020 15:22

Tamén a comunidade científica galega, desde a universidade, asegura que ten capacidade para reforzar os sanitarios se fora preciso. Os laboratorios universitarios contan con máquinas PCR, robots, cámaras de extracción e ofrecen persoal cualificado para colaborar na loita contra o coronavirus.

Para determinar paternidades, identificar cadáveres ou detectar enfermidades infecciosas, cada día, en laboratorios de todo o mundo, tamén nos das universidades galegas, úsanse, entre outras, máquinas PCR, as mesmas que se están usando para identificar os positivos en coronavirus. De momento, as autoridades sanitarias non precisaron solicitar reforzos á comunidade científica universitaria pero, se así o fixera, os investigadores din que teñen o material e os efectivos dispostos para axudar na loita contra o COVID-19 en Galicia.

A Universide de Santiago si que está colaborando xa cos servizos sanitarios, elaborando xel desinfectante.

Robots, cámaras de extracción, laboratorios listos para traballar e investigadores. A comunidade científica universitaria de Galicia está pendente e disposta a colaborar na loita contra o COVID-19.




 

Noticias web

24/03/2020