CRTVG

Buscar

A Comunidade de Madrid estuda pedir ao Goberno que declare o toque de queda

Publicado o 20/10/2020 10:50
A Comunidade de Madrid estuda pedir ao Goberno que declare o toque de queda

O conselleiro de Sanidade de Madrid, Enrique Ruiz Escudero, dixo este martes que a Comunidade de Madrid estuda pedir ao Goberno que declare o toque de queda para lograr que non haxa ningún tipo de mobilidade en determinadas horas do día, como se decidiu en Francia.

Ruiz Escudero indicou que a proposta xurdiu nunha reunión que mantivo este luns coa presidenta rexional Isabel Díaz Ayuso e os representantes de distintos colexios profesionais, aínda que explicou que a Comunidade non ten cobertura legal para adoptar esta decisión, que corresponde ao Goberno.

Ao seu xuízo, "non sería de aplicación só en Madrid, senón en toda España. Nesta situación que estamos a vivir coa pandemia calquera opción que implique restrición da actividade ou da mobilidade hai que estudala".