CRTVG

Buscar

Madrid estuda ampliar as restricións a novas zonas e solicitará a colaboración urxente do exército

Publicado o 23/09/2020 13:00

A Comunidade de Madrid está á espera de que os tribunais ratifiquen as restricións á mobilidade establecidas en 37 zonas sanitarias para empezar a multar os que salten as limitacións. 

O Goberno madrileño non descarta estender esta mesma semana as medidas a outras zonas da comunidade con maior incidencia do coronavirus. Na Comunidade de Madrid, epicentro desta segunda onda da pandemia de coronavirus, hai detectados 181 gromos, dos que só 21 están activos.

Nos hospitais, as camas ocupadas por pacientes covid son o 18 por cento das dispoñibles en planta, porcentaxe que sobe ao 43 por cento nas UCI.

Diante desta situación, as autoridades sanitarias non descartan estender as restricións á mobilidade a novas zonas da comunidade. 

"Nestes momentos estamos estudando e analizando a situación actual, cos datos deste novo informe, para estudar a ampliación destas medidas a novas zonas básicas de saúde en función dos perímetros e núcleos de poboación. A decisión definitiva desta cuestión terémola probablemente resolta o venres. O viceconselleiro reclamou que se libere de traballo burocrático aos médicos de atención primaria e que se permita contratar persoal sanitario extracomunitario".

Nas 37 zonas con mobilidade restrinxida, os axentes que vixían o seu cumprimento non sancionarán ata recibir o visto e prace xudicial. 

Noticias web

23/09/2020