CRTVG

Buscar

A compra diaria encarece a pesar da baixada xeral dos prezos

Publicado o 28/05/2020 15:32

Os prezos non só baixan, senón que seguen baixando outro mes máis. Os prezos caeron en maio o un por cento no maior descenso en catro anos.

Os datos din que caeron, pero no peto notamos que subiron. Hai explicación.

Baixou considerablemente o combustible durante o confinamento e así o IPC baixou.

E é que a cesta da compra volve subir máis do tres por cento en maio. Porque os fogares compraron para comer na casa o que non podían comer fóra, porque faltaron traballadores para recoller certas froitas no confinamento.

A froita é o alimento que máis disparou o prezo estes meses. E tamén o peixe. Tamén a carne de porco foi experimentando notables incrementos.

Os datos aseguran que alimentación e bebida subiron a un ritmo nunca visto en anos.

Noticias web

28/05/2020