CRTVG

Buscar

A compra de vivendas cae un 39,2 % en abril, o maior descenso en 11 anos

Publicado o 11/06/2020 09:37
A compra de vivendas cae un 39,2 % en abril, o maior descenso en 11 anos

A compravenda de casas caeu en abril o 39,2 % respecto ao mesmo mes do ano pasado, ata as 25.042 transaccións. En Galicia, a caída foi do 35,2 %, ata as 910 operacións. Deste xeito, este tipo de transaccións rexistran o seu maior descenso en 11 anos, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), que reflicten o impacto da crise sanitaria do coronavirus no mercado inmobiliario.

A caída maior foi en vivenda nova, cun descenso do 41,3 %, e algo inferior no mercado de segunda man, que caeu un 38,8 %.