CRTVG

Buscar

A compañía que fabrica o medicamento Remdesivir publica un estudo que rexistra algunhas melloras en pacientes

Publicado o 17/04/2020 16:30

E unha noticia que abre as portas da esperanza. A compañía norteamericana que fabrica o medicamento Remdesivir acaba de facer público un estudo con 125 pacientes dun só hospital de Chicago que rexistraron unha rápida melloría da febre e dos síntomas respiratorios.

Segundo os datos da propia empresa case todos os pacientes xa foron dados de alta nunha semana. España ten un papel relevante no programa de desenvolvemento deste medicamento, o Remdesivir, xa que participa en dous ensaios clínicos que se están realizando en 13 hospitais.









 

Noticias web

17/04/2020