CRTVG

Buscar

A Comisión Europea acusa a Amazon de usar datos doutros vendedores en beneficio propio

Publicado o 10/11/2020 13:25

A Comisión Europea (CE) acusou este martes a multinacional estadounidense de venda en Internet Amazon de usar de maneira abusiva os datos que obtén doutras empresas que utilizan a plataforma para vender os seus propios produtos.

Bruxelas formalizou esa acusación co envío dun prego de cargos á compañía.

Ademais, o Executivo comunitario abriu hoxe unha segunda investigación contra Amazon, pois sospeita que a firma podería favorecer de maneira artificial as súas propias ofertas de venda polo miúdo e as doutros vendedores que utilizan os servizos loxísticos e de repartición do xigante tecnolóxico.