CRTVG

Buscar

A comisión de festas de San Vicente de Nogueira, en Meis, denuncian o roubo dun avión pirotécnico

Publicado o 23/09/2019 18:19

Levan dende o ano 70 cumprindo coa tradición que marca a Festa das Dolores de San Vicente de Nogueira. Cada catorce de setembro fan voar un avión cargado de pólvora. Este ano, como novidade, incluíron outro algo máis pequeno e valorado en 500 euros que fixeron voar nesta edición.

O aparato, a diferenza deste outro, quedou colgado dun cable do adro da igrexa á espera de ser gardado. Foi visto por última vez o sábado á noite. O cable do que penduraba apareceu cortado.

A comisión de festas non atopa explicación ao que consideran unha falcatruada. Solicitan a colaboración cidadá para poder dar co autor ou autores dos feitos, aos que piden que o devolvan para evitar a súa denuncia.

O vindeiro ano fan 50 anos de tradición e agradecerían poder celebralo por todo o alto. É dicir, facendo voar os dous avións pirotécnicos que deseñou un veciño da parroquia.

Noticias web

23/09/2019