CRTVG

Buscar

A CIG pídelle á Xunta que negocie cos sindicatos a planificación do curso que vén

Publicado o 08/07/2020 15:12

A CIG pídelle á Xunta que negocie cos sindicatos a planificación do curso que vén.

Fíxoo cunha concentración ante a Consellería en que simularon unha aula coas distancias de seguridade que se deberían manter.

A CIG asegura que se debería reducir a ratio de alumno por aula e contratar máis profesorado para poder iniciar o curso 2020/2021 con total garantía de seguridade para profesores e alumnos.

Noticias web

08/07/2020