CRTVG

Buscar

Un home de 56 anos sen patoloxías, entre os once últimos falecidos en Galicia

Publicado o 22/02/2021 20:28
Un home de 56 anos sen patoloxías, entre os once últimos falecidos en Galicia

Sanidade acaba de notificar o falecemento de 11 persoas que foran diagnosticadas de coronavirus. Con estes datos, a cifra total de vítimas mortais a causa do virus ascende a 2.187 desde o comezo da pandemia en Galicia.

• O pasado día 20 faleceron unha muller de 94 anos no CHUF procedente da residencia O Casón de Moeche, unha muller de 89 anos no CHUAC, unha muller de 83 anos no CHUF e unha muller de 89 anos no CHUS.

• Onte morreron un home de 68 anos no CHUAC, unha muller de 86 anos no CHUF, un varón de 91 anos no HULA e un home de 56 anos no CHOP.

• Hoxe faleceron un home de 64 anos no CHUAC, unha muller de 87 anos no CHUAC e un varón de 85 anos no mesmo hospital.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas elas presentaban patoloxías previas, agás o falecido de 56 anos no CHOP.