CRTVG

Buscar

A cidade de Lugo suma 17 positivos; Ourense e Barbadás detectan dous gromos

Publicado o 03/09/2020 21:21

Lugo cidade é nestes momentos unha das maiores preocupacións en canto ao avance da Covid-19 na provincia. En total hai 296 contaxiados. As medidas adoptadas para frear o coronavirus comezaron a implantarse este xoves. Ademais das restricións na hostalería, hai limitacións de 10 persoas para as reunións sociais.

As medidas son aínda máis estritas no barrio da Milagrosa. Alí as reunións limítanse a 5 persoas. En ambos casos están prohibidas as visitas a residencias de anciáns e centros de día para maiores. Tamén seguen prohibidas as verbenas. Nas vodas só poderá haber 50 convidados en exteriores e nos enterros un máximo de 25 persoas.

O gromo de Monforte aumentou en 10 casos na última xornada. Dende o seu comezo, o pasado 17 de agosto, acumula 130 contaxiados. 33 deles recibiron xa a alta. Os outros 97 recupéranse nas súas casas. Asociadas a este gromo fixéronse 1.700 PCR.

En Pantón, o gromo detectado o pasado luns na rodaxe dunha película mantense nos 7 positivos, todos mozos de entre 14 e 16 anos. Dous son actores novos que ían traballar na rodaxe e os outros cinco son contactos próximos deles. En relación con este gromo fixéronse 50 PCR. Ata agora sabemos o resultado dunhas 45 que deron negativo. Ao longo deste venres saberanse os resultados das cinco que quedan pendentes.

En toda a provincia hai nestes momentos 798 casos activos de Covid-19, 17 máis ca no último parte. E na provincia de Ourense hai 386 casos activos de Covid-19. 30 están ingresados en hospitais, 4 deles en coidados intensivos.

Félix Ruibal. Xerente da área sanitaria de Ourense"Obriga a adoptar medidas antes de que a situac poida evolucionar a peor sobre todo tendo en conta que está a aumentar o número de casos positivos en persoas de maior idade".

Nas últimas horas detectouse un gromo novo na cidade con 16 afectados e outro en Barbadás, con 4 positivos. A maioría dos contaxios producíronse en reunións familiares. De aí que tamén en Ourense as xuntanzas se limitaran a un máximo de 10 persoas.

Noticias web

03/09/2020