CRTVG

Buscar

A cidade da Coruña recupérase do temporal e prepárase para a alerta laranxa a partir desta tarde

Publicado o 13/02/2020 08:13

Con estas imaxes do mar comendo literalmente o dique de abrigo da cidade da Coruña aínda na memoria, traballouse durante toda a xornada de hoxe para volver á normalidade.

Unha normalidade que segue vendo a bravura do mar nestoutras imaxes. E a última preamar desta tarde. Amainou un pouco o temporal e desactivouse o aviso laranxa.

A cidade tivo que recuperarse da area, da moita area desprazada no paseo marítimo, especialmente no treito de Riazor, que invadiu a estrada e obrigou a cortar o tráfico para limpala.

Os donos dos coches desprazados polo mar tamén tiveron que recuperarse do susto e dos estragos.

Moito traballo desde primeiras horas para devolver á cidade unha pouca de calma. O temporal recuncará mañá, repítese o aviso laranxa, pero será pasaxeiro. O peor chega a fin de semana, cando o litoral galego sufra os danos colaterais dun durísimo temporal asentado nas Illas Británicas.



 

Noticias web

13/02/2020