CRTVG

Buscar

A chuvia torrencial anegou varias localidades de Castelló

Publicado o 01/04/2020 14:46

O inverno retírase de Galicia, aínda que para esta tarde se agarda algunha chuvia. O peor segue estando no leste da península, onde a chuvia torrencial anegou varias localidades.

O municipio de Oropesa foi un dos máis damnificados pola chuvia torrencial que caeu nas últimas horas na provincia de Castelló.

Foron máis de 150 litros por metro cadrado os que anegaron por completo a localidade, aínda que non foi a única.

Este era o aspecto que presentaba esta mañá Almassora, tamén na provincia de Castelló, onde caeron arredor de 147 litros por metro cadrado.

A chuvia torrencial golpeou tamén a cidade de Málaga e especialmente o barrio de Campanillas, que xa sufrira graves inundacións o pasado 25 de xaneiro.

Vivendas e negocios quedaron anegados por completo e hai varias estradas cortadas por acumulación de auga.

 

Noticias web

01/04/2020