CRTVG

Buscar

A chuvia torrencial anega boa parte da rexión de Murcia

Publicado o 24/03/2020 14:12

A chuvia torrencial obrigou esta mañá a cortar ducias de estradas na provincia de Murcia.

Nalgunhas zonas caeron máis de 100 litros por metro e varios ríos ameazan agora con rebordar, polo que se lle pediu á poboacion confinada que estea atenta aos avisos.

A situación máis complicada viviuse esta mañá nos Alcázares, onde a chuvia torrencial anegou o centro do municipio murciano e é a terceira inundación que sofren desde o pasado mes de outubro.

As autoridades locais pedíronlle á poboación confinada que estea atenta aos avisos, porque hai perigo de rebordamento dalgúns ríos, e que, chegado o caso, se sitúen na parte alta da súas vivendas.

A chuvia torrencial golpeou tamén San Javier e a cidade de Cartaxena, onde nas últimas horas caeron máis de 100 litros por metro cadrado.

Hai ducias de estradas cortadas por acumulacións de auga, principalmente no campo de Cartaxena e no mar Menor, pero tamén noutros municipios da comarca.


 

Noticias web

24/03/2020