CRTVG

Buscar

Anuláronse moitas procesións tradicionais en España por mor da choiva

Publicado o 19/04/2019 21:58

A chuvia ameaza con non deixar saír as procesións en moitos lugares de España. En Sevilla xa se suspenderon varias, pero si que puido saír a da Madrugá, unha das máis tradicionais.

Pasaba algo da medianoite cando a irmandade da Macarena de Sevilla saía en procesión cara á catedral. Detrás dela, fixérono as outras cinco irmandades da Madrugá, que culminaron as súas estacións de penitencia sen incidentes, e ante a mirada de ducias de milleiros de fieis.
A Madrugá abriu un Venres Santo novamente marcado pola chuvia, que obrigou a suspender boa parte das procesións en Andalucía.
E non só no sur, tamén en Madrid se viron frustradas parte delas, coma a do Xesús do Gran Poder e a da Esperanza Macarena. Caras de tristeza tamén entre os fieis que agarban acompañar a imaxe de Xesús o Pobre.
As tradicións máis sonoras do Venres Santo concéntranse no Baixo Aragón. Especialmente coñecida é a tamborrada de Calanda, na que os asistentes, vestidos con túnicas moradas, tocan bombos e tambores para conmemorar o falecemento de Xesuscristo.
Tamén en Castela-A Mancha e en Castela e León hai unha gran tradición de procesións da Semana Santa. Esta tarde celebrouse en Valladolid a da Sagrada Paixón, na que participan todas as confrarías da cidade.

Noticias web

19/04/2019