CRTVG

Buscar

A chuvia e o frío complican estes días a circulación por estrada nas catro provincias galegas

Publicado o 06/04/2019 11:40

O frío e a chuvia complicaron e complican a circulación por estrada en Galicia. As máquinas quitaneve tiveron que saír esta noite.  En Dozón, A Fonsagrada, O Cebreiro, A Veiga ou A Gudiña  caeron folerpas de neve e mesmo chegaron a rexistrar cinco centímetros de espesor. 

A provincia máis afectada na mañá deste sábado é a de Ourense, onde a DXT recomenda extremar a precaución ao coller o volante.

A cota de neve caeu ata os 700 metros. En pleno mes de abril, hai aviso laranxa por nevaradas na montaña de Lugo e en practicamente en toda a provincia de Ourense. Na Coruña e Pontevedra, os avisos son por fenómenos costeiros.

Noticias web

06/04/2019