CRTVG

Buscar

A chuvia aliviará a seca en Galicia e nos encoros non hai problemas, están ao 80%

Publicado o 12/08/2020 12:20

Esta chuvia vén a paliar a seca dos últimos meses. Non hai problemas nos encoros de abastecemento, pero si na conca dos ríos.

Gonzalo Mosqueira, xerente de Augas de Galicia, explica no Bos días que a situación é máis preocupante nos ríos do litoral Cantábrico, onde "temos activada xa unha prealerta por seca, nos ríos que van de Cedeira ata Ribadeo".

"A nivel de encoros, non hai, por agora, ningún problema, porque a primavera foi bastante chuviosa e había bastante auga. Aínda que agora os ríos non achegaban moita auga, xa estaban cheos", afirma o xerente de Augas de Galicia.

"A día de hoxe, os encoros están arredor do 80%. Non é preocupante. E agora hai que ver cando empeza a chuvia de outono. Diso tamén vai depender a situación xeral", di Gonzalo Mosqueira.


 

Noticias web

12/08/2020